Benito Corbal contará con beirarrúas máis anchas e un carril de estacionamento

Pontevedra>A reforma da rúa Benito Corbal xa está rematada. Trátase dun traballo que contará cun investimento de 218 mil euros, e que consistirá na ampliación das beirarrúas, aos 4 metros de ancho, e a redución dun so carril de estacionamento na marxe dereita da calzada.

Todo listo para comezar os traballos na rúa Benito Corbal, un espazo que se une ao modelo de cidade de Pontevedra. Neste punto da cidade as beirarrúas pasarán a medir 4 metros de ancho, o carril de circulación reducirase aos 3,20 e a zona de estacionamento tamén se reducirá a unha, na marxe dereita en sentido da circulación, cun ancho de 1,80.

As medidas de seguranza viairia son a redución do ancho do carril e a instalación de pasos de peóns elevados. En concreto, no cruzamento das rúas Blanco Porto e Benito Corbal que será un paso elevado na súa totalidade.

Segundo o concelleiro de Obras trátase dunha intervención lixeira que terá  que terá un custe de 218 mil euros e un prazo de execución de catro meses. Neste momento, o proxecto está no Servizo de Contratación.