O PP presentará unha emenda á totalidade os orzamentos “antisistema” de Lores

Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra presentará unha emenda á totalidade dos orzamentos para o 2018 do concello. O PP cualificou de antisistema a Lores e dixo que estas contas son as peores dá era do BNG en Pontevedra. Uns orzamentos que se debaterán en pleno este venres 15 de decembro. Dende o PP teñeno claro votarán non aos orzamentos que o BNG levará a pleno este venres 15 de decembro. O concelleiro César Abal dixo que estas contas non son propias do alcalde dunha cidade como Pontevedra. O PP considera que estes orzamentos que se levarán a pleno o día 15 son as peores contas da era do BNG en Pontevedra. César Abal dixo que o rural de Pontevedra é o gran prexudicado, un rural ao que se lle quitou, segundo o PP, máis de 2 millóns de euros. O concelleiro do PP tamén dixo que estes orzamentos contan con partidas señuelo, que non se converterán en ningunha realidade ao longo do vindeiro ano. Pese a esta emenda á totalidade, todo indica, coa abstención do PSOE e da Marea, que estas contas do Goberno Local saíran aprobadas este venres co voto favorable do BNG,.