O Torneo Urbano 3×3 de baloncesto celebra a súa 17ª edición

Pontevedra> O club Arxil saca de novo o baloncesto á rúa co Torneo Urbano 3×3. A competición, que celebra a súa decimo sétima edición, encherá de canchas a Praza de España este sábado, 25 de agosto.

Os afeccionados ó baloncesto poderán desfrutar do seu deporte favorito este sábado no  centro de Pontevedra. Na Praza de España, na que e instalarán 10 pistas, disputaranse encontros da modalidade 3×3, que a partir do 2020 será olímpica.

Aínda que se poden apuntar máis equipos, neste momento son 16 os que participarán no torneo. A presenza feminina será maioritaria, chegando ó 65% dos equipos inscritos. En total serán 12 as categorías participantes, 6 masculinas e 6 femininas.

A competición comezará ás 10 da mañá do sábado e concluirá pola tarde coas finais senior feminina e masculina, e a entrega de trofeos ás oito menos cuarto. Tamén se celebrarán concursos individuais, coma un concurso de triplas, na memoria do pontevedrés Thiago Gómez Lor.