EEI Fina Casalderrey volve ao medievo neste Entroido

Pontevedra> A Feira Franca adiantouse uns meses na Escola de Educación Infantil Fina Casalderrey, xa que dende alí celebraron o seu Entroido volvendo ao medievo. Os pequenos deste centro están inmersos no proxecto Coñece Pontevedra, e grazas a el achegáronse nesta xornada a unha das festas medievais máis populares de Galicia.

Os pequenos da Escola de Educación Infantil Fina Casalderrey, en Monte Porreiro,  volveron ao medievo festexando o seu Entroido de Feira Franca. Unha festa onde nos puidemos atopar estilos para todos os gustos.

Iso sí damos fe de que todo o alumnado se involucrou con este entroido, porque no había nin un que non fose vestido para a ocasión.

E este Entroido tan especial ten unha explicación lóxica, e é que dende este centro están inmersos no proxecto coñece Pontevedra.

Un día no que desfrutaron moito, a estes nenos de entre 3 a 5 anos o que máis lle gusta do entroido é bailar, disfrazarse e incluso estar coa familia.

E entre as comidas preferidas desta época do ano están as filloas e o cocido, e como non a pasta tamén está presente porque este prato pega para todas as celebracións.

TOTAIS

Un día especial o que viviron estes pequenos da Escola de Educación Infantil, uns nenos que continuarán coñecendo polo miúdo as historias e vivencias da Boa Vila.