O 15 de setembro a Illa das Esculturas acollerá o Festival do Leite, unha romaría para toda a familia

Pontevedra>  E a festa continuará en Pontevedra, porque o 15 de setembro, a Illa das Esculturas acollerá a celebración do Festival do Leite. Unha cita organizada pola empresa Deleite que achegará á Boa Vila, e de balde, a grupos como De Vacas, Ses, The Limboos ou Triángulo de Amor Bizarro. Todo sen esquecerse de actuacións para os máis pequenos da casa como as de María Fumaça ou A Gramola Gominola.

A Festa non para en Pontevedra, poderíamos levar á Boa Vila o nome dun dos programas desta casa, de festa en festa, xa que despois da Feira Franca, descansamos unha fin de semana e voltamos coas pilas cargadas o 15 de setembro para desfrutar da terceira edición do Festival do Leite que neste ano toma como escenario a Illa das Esculturas.

Unha cita que contarán cun sinfín de actividades e con numerosos concertos ao longo de toda a xornada, estará De Vacas, Ses, The Limboos, Triángulo de Amor Bizarro, Bifannahn, Disco las Palmeras, The Soul Jacket, La casa de los ingleses, Cora V, Gold and Colt e Carlagans DJ. Todos sen esquecerse das citas e concertos para os máis pequenos coa actuación de María Fumaça e da Gramola Gominola.

Unha cita que ten como fin converterse nunha romaría para todos os membros da familia e onde actúan cada ano grupos diferentes e vencellados todos eles con Galicia.

O festival do leite está organizado pola empresa DELEITE é ten como fin dicirlles e lembrarlles a pequenos e maiores que hai un produto no que somos punteiros na nosa terra que é o leite. Unha cita, este festival, que comezará o día 15 de setembro ás 12 e media da mañá e rematará en torno á unha e media da mañá… máis de 12 horas de festa na que tamén contará con zona gastronómica e food trucks para o desfrute de todos os membros da familia.