Noia súmase á campaña ‘Recicla Vidro por Elas’ que promove Ecovidrio

NOIA> A iniciativa ten coma principal obxectivo mobilizar á veciñanza na reciclaxe de vidro, ó tempo que se contribúe a unha causa solidaria como é loitar contra o cancro de mama. Noia súmase á campaña ‘Recicla Vidro por Elas’ que por cuarto ano consecutivo pon en marcha Ecovidrio. A finalidade da campaña non é outro que mobilizar á veciñanza na reciclaxe de vidro ó tempo que se contribúe a unha causa solidaria como é loitar contra o cancro de mama. Por cada quilo de envases de vidro depositado nestes contedores, Ecovidrio doará un euro á Fundación Sandra Ibarra de Solidariedade fronte ó Cancro. Os dous contedores visiblemente identificables polo súa cor rosa, están situados na alameda, a carón do parque infantil. Dende o Concello faise unha chamada á veciñanza a participar nesta iniciativa, na que ademais de axudar a protexer o medio ambiente colabórase tamén na loita contra esta enfermidade.