RIANXO> Será a través do Club de Ciencia ‘Nautilus’, un proxecto educativo seleccionado pola consellería de Educación, e do que o centro rianxeiro se beneficiará ó longo do presente curso. O proxecto Club de Ciencia ‘Nautilus’ é un programa educativo que desenvolve o Centro Rural Agrupado de Rianxo da man da empresa Arenaria que ten coma principal finalidade espertar nos máis pequenos a súa paixón pola ciencia e a tecnoloxía, aprendendo a través da súa propia práctica, e tratando de fomentar, ó mesmo tempo, a súa creatividade e o traballo en equipo. Dáse a circunstancia que o CRA de Rianxo foi o único centro seleccionado en toda Galicia pola consellería de Educación para o desenvolvemento deste club científico. Na experiencia participan ó redor dun cento de nenos de tódalas unitarias do Concello, todos eles de infantil e primaria.
Inicio BARBANZA