A FEMP debate na Deputación sobre o seu superávit

Pontevedra>A Deputación Provincial acolleu esta mañá a reunión da Federación Española de Municipios e Provincias. A FEMP presidida por Abel Caballero, quen no seu discurso dixo esta mañá, que o Goberno Central ten que permitir, dunha vez por todas, que os concellos e Deputacións poidan utilizar o seu superávit. Un superávit que na actualidade se sitúa en 32 millóns de euros.

Cita importante a que tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial, un espazo que acolleu a reunión da Federación Española de Municipios e Provincias,  FEMP, presidida por Abel Caballero quen na súa intervención lembrou que as deputación e concellos de todo país recadaron un superávit de 32 millóns de euros dende o ano 2012.

Dende a FEMP din que xa están perdendo a paciencia, xa que o seu presidente solicitou dende hai máis dun mes e medio unha reunión con Montoro e non obtivo ningunha resposta. O fin, desbloquear o superávit dos concellos e Deputacións.

Este tema, o superávit será o asunto central da reunión que tivo lugar esta mañá.

Dende a FEMP non descartan emprender accións máis potentes co fin de que ese superávit sexa devolto ás deputacións e concellos e reverta deste modo no benestar da cidadanía.