PONTEVEDRA> Pontevedra incorporará un novo servizo na súa xestión de residuos. Trátase dun punto limpo móbil que percorrerá os barrios e parroquias da cidade, no marco do novo contrato que se porá en marcha no concello. É unha unidade con dezasete puntos de recepción de distintos materiais, que van dende pilas a cargadores, pasando incluso por voluminosos.
Un punto limpo móbil coma este percorrerá os barrios e as parroquias de Pontevedra para facilitar a xestión de residuos á veciñanza. Trátase dun novo servizo que estará á súa disposición coa posta en funcionamento do novo contrato de residuos do municipio.
Esta unidade, fabricada en Vilagarcía de Arousa, está equipada con dezasete puntos de recepción para distintos materiais. Dende pilas a tixolas, pasando por produtos tecnolóxicos e mesmo certos voluminosos.
O que aínda está por determinar é o calendario de rotación deste punto limpo móbil polos barrios e as parroquias pontevedresas.
Dende a empresa explican que puntos limpos móbiles semellantes a este xa están operativos noutros concellos galegos con moi bos resultados, como é o caso de Vilagarcía ou Boiro.











