Villares visita Pontevedra para amosar o seu apoio ao candidato da Boa Vila

74

Pontevedra> O líder galego da Marea, Luis Villares, visitou Pontevedra co fin de amosar o seu apoio o que será o candidato do seu partido nas vindeiras eleccións locais. En relación a esta cita electoral, Luis Rei ten claro que o gañador non conseguirá a maioría absoluta, co cal, ten claro que a Marea estarán disputando co resto das forzas políticas de progreso o nome do próximo alcalde da cidade.

Vista de Villares a cidade de Pontevedra co fin de amosar o seu apoio ao vindeiro candidato da Marea pola Boa Vila nas eleccións locais do 2018, Luis Rei.

Villares dixo neste encontro que o traballo realizado dende Marea Pontevedra amosa que esa confluencia municipal naceu para quedar e ofrecer unha alternativa progresista no panorama político pontevedrés.

En relación aos vindeiros comicios, Luís Rei, ten claro que ningún partido conseguirá a maioría absoluta, co cal, dende a Marea estarán disputando co resto de forzas de progreso o nome do vindeiro alcalde da cidade.

Un encontro onde tamén anunicaron que mareas de toda a provincia reuniranse o vindeiro domingo 18 de febreiro no Centro Social Sur, con Marea Pontevedra como anfitrión, para debater entre outras cuestións de que maneira poden aproveitar a experiencia municipal actual para fortalecer o proxecto noutras localidades.