Pontevedra e Poio demandan beirarrúas máis amplas na reforma da Ponte da Barca

346

Pontevedra>E ante esta presentación, aos medios e aos concellos de Pontevedra e Poio, dende estes dous municipios queixáronse, na propia rolda de prensa, da falta de información que tiñan sobre este proxecto. Carme da Silva e Luciano Sobral consideran que as beirarrúas para esta Ponte debería ser máis anchas, algo que non contemplan estes traballos de reforma.

Todo parecía unha rolda de prensa habitual ata que na quenda de preguntas un dos primeiros en realizar unha suxestión foi o propio César Mosquera, quen se preocupou por saber por que razón, e tendo en conta que se comezarán as obras de cara o verán, non se contempla nesta Ponte unha ampliación das beirarrúas, necesarias, consideran para a seguridade dos peóns. Unha reflexión que tamén transmitiron nesa rolda de prensa a tenente de alcalde de Pontevedra e o alcalde de Poio.

Dende a xunta dixeron que este proxecto non está pechado, se podería ver se é ou non posible pero dende a Xunta din que para garantir a seguridade dos peóns e dos vehículos non é moi viable realizar a ampliación que solicitan dende os concellos de Pontevedra e Poio.

Preguntados tamén se se plantexaron nalgún momento facer de sentido único a Ponte da Barca co fin de diminuír o tráfico dende a Xunta deixaron claro que esa é unha guerra na que non se meten, unha guerra que deben resolver entre os concellos de Poio e Pontevedra.

Finalmente a Xunta dixo que podería ver esa posibilidade de ampliación das beirarrúas aínda que o seu posicionamento inicial, e no día de hoxe, apunta a que poucas modificacións se van a realizar en relación ao proxecto que se presentou esta mañá.