Unha hora de xogo e un claro obxectivo: salvar o mundo

PONTEVEDRA> Pontevedra estrea un novo centro de ocio baseado no láser tag. Batallas con pistolas láser dirixidas a todos os públicos e nas que hai que completar a misión “Arena 22”. Un proxecto que naceu da compañía Pablo Méndez Performance.

Collede o voso chaleco e a vosa pistola e preparádevos para combater. Dous grupos, unha hora de xogo e un claro obxectivo: salvar o mundo. Isto é Láser Arena 22, a nova aventura da compañía Pablo Méndez Performance que está xa en marcha en Pontevedra.

As batallas láser naceron en Estados Unidos e chegan por primeira vez a Pontevedra, da man de Pablo Méndez.

No Láser Arena 22 hai diferentes modalidades de xogo. Cada unha delas ten unha duración aproximada dunha hora e están dirixidas a maiores de 8 anos e a grupos de entre 4 e 12 persoas.

O proxecto púxose en marcha o pasado 12 de xuño e, polo tanto, naceu xa adaptado a esta nova normalidade.

A misión Arena 22 xa comezou e soamente fan falla gañas de pasalo ben para que o teu equipo consiga vencer este combate.