Unha nova forma de descubrir Pontevedra: en paddlesurf dende o río Lérez

PONTEVEDRA> A Concellería de Turismo de Pontevedra ofrece unha nova forma de coñecer a cidade. 8 rutas de paddlesurf, diúrnas e nocturnas, que se levarán a cabo ata o 29 de agosto. A actividade xurdiu da colaboración coa empresa Urban Culture Factory.

Coñecer a capital da provincia dende o río Lérez. Ese é o obxectivo do novo programa organizado pola oficina de Turismo de Pontevedra. Trátase de rutas de paddlesurf que se levarán a cabo en colaboración coa empresa Urban Culture Factory. En total, 8 xornadas que comezan mañá e que se prolongarán ata o 29 de agosto.

Estas rutas son só unha das actividades que ofrecerá este verán esta escola pontevedresa. De feito, esta mesma semana levaron a cabo uns campamentos de paddlesurf para os máis pequenos.

E como non podía ser doutro xeito, en todos os campamentos seguen un estrito protocolo de seguridade.

Esta escola naceu da necesidade que había en Pontevedra dun espazo de skate indoor. Por iso, este verán tamén levarán a cabo campamentos de skate nestas instalacións.

Urban Culture Factory tiña pensado abrir as súas portas o pasado mes de febreiro, pero a súa reapertura fíxose esperar pola crise do Covid Agora, despois de dous meses de actividade, os seus propietarios aseguran que se están a superar todas as expectativas en canto a acollida dos pontevedreses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí