A robótica colaborativa gaña peso nas empresas do Salnés

RIBADUMIA> Unha vintena de alumnos aprende estes días en Ribadumia a manexar robots colaborativos, os coñecidos como cobots. Trátase dun curso formativo que está a impulsar a Mancomunidade do Salnés dentro do seu Programa Integrado de Emprego. O obradoiro permítelle ao alumnado adquirir destrezas para mellorar a súa competitividade, preparándose para a súa incorporación a un mercado laboral no que cada vez están máis presentes este tipo de tecnoloxías.

Ferramentas como esta están cada vez máis presentes nas empresas da nosa contorna. Estamos a falar dos cobots, é dicir, os robots colaborativos. Mecanismos que non veñen substituír o traballo humano, senón a melloralo. Estes días en Ribadumia unha vintena de alumnos fórmase nesta materia, grazas a un curso do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés.

Esta é a cuarta edición deste curso. Unha actividade formativa con alta demanda, atendendo á constante transformación das empresas.

No caso do Salnés, este tipo de tecnoloxías pódese empregar en sectores clave como a viticultura.

O alumnado que participa neste obradoiro destaca que a formación sérvelle de complemento para seguir mellorando as súas competencias.

Ademais, neste momento a Mancomunidade está en proceso de selección de novos alumnos para a nova edición do Programa Integrado de Emprego. Ao longo das vindeiras semanas levaranse a cabo novas accións formativas, como nos últimos anos, combinando formacións máis tradicionais con outras máis innovadoras.