Gonzalo Pita fai un balance moi positivo do equipo de goberno en Sanxenxo

SANXENXO> Gonzalo Pita fai un balance moi positivo dos case nove meses que leva gobernando co PP en Sanxenxo. O independente non se arrepinte de terlle cedido a alcaldía a Martín.
O ex rexedor e agora tenente de alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, fixo balance dos últimos oito meses, nos que o SAL e o PP gobernan na vila. Pita afirma que a valoración e moi positiva.
Gonzalo Pita sinalou na súa comparecencia que o goberno actual é na última década, o que menor custo político ten, e sinala que será o equipo de goberno que máis fará polos veciños de Sanxenxo.
Moitas de estas intervencións, están recollidas no pacto de goberno asinado entre as dúas formacións políticas.
O independente tamén se referiu ao momento no abandonou a alcaldía na súa comparecencia.
Pita non confirma nin desminte, polo de agora, si será o cabeza de lista nas vindeiras municipais do 2019, do seu grupo político.