A militancia do PSOE decidirá se deixa o partido polo seu descontento coa formación

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/08/psoe_illa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/08/psoe_illa.mp4{/flowplayer}

 

A ILLA> Tensións internas no Partido Socialista. O PSOE da Illa de Arousa ven de dar un paso adiante para expresar o seu malestar co partido. Dende a agrupación isleña consideran que a formación non está a valorar os seus bos resultados. Tal é o enfade que a executiva local pon sobre a mesa a posibilidade de dimitir en bloque ou incluso formar un novo partido. A decisión final dependerá da militancia, convocada mañá a unha asemblea.

Momentos difíciles para o Partido Socialista na comarca. Despois de moito tempo expresando o seu descontento, a agrupación da Illa de Arousa xa non é quen de ocultar o seu malestar.

A Illa é bastión socialista dende 1999. Actualmente, é a única maioría absoluta que a formación ten na comarca do Salnés. Pero a agrupación arousá non ten presenza nin na Deputación nin nas listaxes para o Senado ou para o Congreso. Aquí agardábase que o exalcalde conseguira un posto trala dimisión de Carmela Silva, que a pesares de ser presidenta do goberno provincial aínda non deixou o seu escano. Pero Vázquez insiste en que os problemas son máis profundos.

Os problemas van máis aló da representación. E é que a agrupación da Illa considera que o partido non está a valorar o seu traballo.

Tal é o descontento que nun encontro celebrado o martes, a executiva puxo sobre a mesa a posibilidade de dimitir en bloque. Tamén a creación dun novo partido. A decisión final recaerá na militancia, que está convocada a un encontro mañá pola tarde.

De dimitir a executiva, o Partido Socialista podería perder unha das agrupacións máis veteranas de Galicia. Polo de momento, dende a formación non quixeron facer declaracións.