VILAGARCÍA> Din que é todo un arte e non é para menos, porque o segredo dunha boa caña está en saber tirala. En Vilagarcía celebraron hoxe o xa clásico concurso de tiraxe de cañas, un evento co que se lle dá o pistoletazo de saída ó Destapa. Nesta edición, Elena, do Tablizo, fíxose co primeiro premio.
Parece moi sinxelo, pero ten a súa ciencia: os expertos na materia din que é algo que non ten segredos, pero que para facelo ben hai que ter experiencia. Ela, Elena, coroouse hoxe como a campioa do concurso vilagarcián.
Ela é unha das actuais camareiras do Tablizo, con máis de 15 anos de experiencia ás súas costas. Preguntámoslle por como é a caña perfecta. De premio, levará para a casa o seu peso en cervexa.
No concurso de tiraxe de cañas participaron os establecementos que conforman a ruta de tapas do Destapa. O certame dá o pistoletazo de saída a unha intensa semana en Vilagarcía na que ela, a cervexa, e elas, as tapas, serán as protagonistas unha vez máis.