MUROS> A corporación municipal de forma unánime quixo distinguilo polo labor realizado a prol da cultura muradá.
O salón de plenos da casa do concello de Muros acolleu o acto de entrega da insignia que Marcelino García Laíño recibiu emocionado. Agradeceu a distinción ós asistentes como representantes da vila de Muros e dun xeito especial a corporación municipal por "terse dignado a outorgarme este recoñecemento" que, facendo gala dunha gran modestia, dixo considerar inmerecido. Tamén demostrou o seu amor pola súa vila cun pequeno poema.
{flowplayer}barbanza/entregainsigniamuros.flv{/flowplayer}
O alcalde en funcións, Domingos Dosil tivo verbas de recoñecemento para o homenaxeado, ó que admitiu o une unha profunda amizade. Afirmou que o longo da súa vida, Marcelino García Laíño sempre traballou desinteresadamente para divulgar o acervo cultural do municipio.
Domingos Guerra, presidente da Asociación Cultural Sorum lembrou ós méritos que fixeron a García Laíño merecedor da insignia do concello. Ademais de por ter impulsado actividades culturais a prol do municipio e aportacións etnográficas da toponimia, así como por ser, os seis oitenta anos, memoria viva de Muros. Por último, Domingos Guerra lembrou a súa meritoria obra lírica, narrativa e humorística.
Redacción Barbanza