PORTO DO SON> O presidente da patronal solicitará unha reunión con Industria para expoñerlle a urxente necesidade de dotar de chan industrial ó municipio.
Os empresarios de Porto do Son mantiveron unha nova xuntanza para abordar a situación en que se atopa o futuro parque empresarial. Fartos de agardar por un polígono industrial que non chega, a pesar das promesas dos distintos gobernos, o empresariado de Porto do Son estuda novas vías para incrementar a dotación de chan industrial.
{flowplayer}barbanza/reunionempresarioportoson.flv{/flowplayer}
Trala última xuntanza mantida coa Consellería de Industria o pasado mes de agosto, ningún paso adiante se ten dado para materializar os compromisos de creación co parque empresarial. Por iso, dende a patronal solicitarán unha nova entrevista cos responsables autonómicos e msmo se plantexan iniciar unha campaña de recollida de sinaturas para apoiar as súas reivindicacións ante a Xunta.
Outra das opcións que barallan é impulsar un polígono froito da iniciativa privada. Mentres a tramitación do proxecto non avanza, son moitas as empresas que están a agardar para instalarse no futuro polígono. Un polígono que, segundo as previsións do anterior goberno, debería estar xa en fase de construción. Sen embargo, aínda non existe nin sequera partida presupostaria para a súa creación.
Redacción Barbanza