A precariedade laboral feminina no Barbanza supera a media galega

    RIBEIRA> O mercado laboral feminino no Barbanza segue a presentar peores condicións que o masculino en tódalas súas variables. Así se desprende do estudo elaborado por UXT no que se destaca que o cincuenta e oito por cento de persoas desempregadas son mulleres, porcentaxe que empeora a media galega situada nun 56 por cento. A fenda salarial tradúcese tamén na precarización das pensións contributivas na comarca distancia de trinta puntos porcentuais entre homes e mulleres. Cifras que evidencian a necesidade desta folga feminista que, dende o sindicato, agardan que teña un amplo respaldo por parte da sociedade a pesar das dificultades que teñen moitas mulleres para poder secundar o paro.