Marcha reivindicativa e música na Illa de Arousa para reivindicar unha “igualdade real”

A ILLA DE AROUSA> Na Illa de Arousa, a conmemoración do 8M terá como acto central mañá unha marcha a prol da igualdade real. Ademais, o Concello organizou para o venres un concerto reivindicativo da man grupo poético Aldaolado.

A Illa de Arousa tamén se suma ós actos conmemorativos do 8 de marzo. A localidade acollerá mañá a partir das seis da tarde unha marcha pola igualdade real entre homes e mulleres. A concentración partirá da lonxa e terá como punto de destino o Concello. Pola súa banda, o goberno local trasladará ó venres o seu acto central: un concerto reivindicativo do grupo poético feminino composto por Aldaolado. Será a partir das 9 no auditorio do Concello.

Antes do comezo da actuación, lerase un manifesto a prol da igualdade, que conta co apoio de toda a corporación municipal. O alcalde da localidade reivindica que A Illa é un concello que, dende o seu nacemento, sempre reivindicou a igualdade entre homes e mulleres.

Dende o executivo local apuntan que o Concello leva anos impulsando diversas actividades lúdicas e formativas a prol da igualdade. Así as cousas, o equipo de goberno di sentirse desatendido neste eido tanto dende a Xunta como dende o Goberno Central.

Sobre a folga feminista de mañá, o Goberno Local di apoia-la iniciativa e convida á veciñanza da Illa a secunden.