Avances no proxecto de rehabilitación das casas modernistas da Illa

A ILLA DE AROUSA> O proxecto de rehabilitación das casas modernistas da Illa de Arousa avanza a bo ritmo. O proceso de contratación xa está aberto e o obxectivo do goberno local é que no mes de abril poidan estar adxudicados os traballos.

O expediente de contratación para a rehabilitación das casas modernistas da Illa xa está en marcha, á espera de que as empresas que queiran participar no concurso presenten as súas propostas.

Se todo vai segundo o previsto, no mes de abril a actuación xa poderia estar adxudicada de xeito definitivo. E todo, segundo apuntan dende o Goberno Local, para que os traballos de recuperación destes emblemáticos inmobles arranquen canto antes. Segundo indica o alcalde, o proxecto de recuperación destas casas é moi ambicioso.

No actual presuposto, o Concello xa inclúe as partidas de 2017 e 2018 por un importe de máis de 1.700.000 euros. A esa contía haberá que engadi-la última anualidade do 2019 para chegar ós 2.600.000 euros, a cantidade que se estima costará levar adiante o proxecto.