8-M. O comezo da primavera do feminismo actual

Pontevedra> Trala resaca que nos deixa a histórica folga feminista do 8 de marzo, agora toca facer balance. Os colectivos amosáronse esta mañá máis que satisfeitos coa participación desta xornada, agora din, tócalle ás administración poñerse a traballar, porque o que pasou onte non pode non pode ser un punto e a parte, ten que ser un punto e seguido cara o camiño da igualdade.

Orgullo, satisfacción, emoción, alegría… estes son soamente algúns dos sentimentos que dende o Colectivo Feminista de Pontevedra teñen neste 9 de marzo, unha xornada onde aínda contan coa resaca da folga feminista, unha resaca feliz que superou todas as expectativas que tiñan.

Unha mobilización de mulleres, de alumnas, de profesoras, de xornalistas, de enfermeiras, de amas de casa, de pensionistas… unha mobilización sen bandeiras políticas nin sindicais, unha xornada de folga onde triunfou a muller e o seu lema, porque quedou claro que se paramos nós se para o mundo.

E o que quedou patente é que agora hai que seguir traballando, as administracións públicas deben de recoller o guante e poñerse a traballar en máis políticas de igualdade porque onte as mulleres quixeron dicir basta, basta a brecha salarial, da discriminación, do machismo, do acoso laboral, basta á desigualdade.

Un 8 de marzo histórico, que deixará pegada, agardamos que non soamente pola participación masiva, senon que sexa o inicio, como se dixo esta mañá, dunha primavera para o feminismo actual.