‘Infinito Caduco’ é a nova exposición que acolle o Museo do Gravado de Artes

306

RIBEIRA> A mostra fotográfica, do artista compostelán Deís Estévez, permanecerá exposta no museo ribeirense ata o 9 de abril. Unha ollada da natureza sen ningún tipo de intervención, observándoa dun xeito diferente ó habitual. Esta é a mellor forma de definir en palabras do propio autor Denís Estévez a exposición ‘Infinito Caduco’ que dende hoxe pode visitarse no Museo do Gravado de Artes. A mostra recolle ó redor dunhas trinta fotografías de ríos realizadas en diferentes viaxes por Galicia. O autor xoga co reflexo do sol, as transparencias ou mesmo a vexetación para darlle o protagonismo absoluto á imaxe captada. Dende o Museo do Gravado de Artes destacaron a importancia desta exposición realizada polo artista compostelán coa que o museo se abre a unha nova arte como é a fotografía. A mostra permanecerá aberta ó público ata o nove de abril.