PONTEVEDRA> A Bienal de Arte de Pontevedra xa ten imaxe para a edición do 2027. A trixésimo terceira edición da cita, a máis veterana de todo o Estado, desenvolverase baixo o lema ‘A chama azul das soldaduras’. Unha imaxe que fala da capacidade de unir o que é distinto sen borrar as diferenzas. Desenvolverase entre o 30 de abril e o 26 de setembro do vindeiro ano.
‘A chama azul das soldaduras’ é o lema da Bienal de Arte de Pontevedra do 2027. Unha imaxe que simboliza a capacidade de unir o que é distinto sen borrar as diferenzas, convidándonos a reflexionar sobre o territorio e as culturas locais a través da arte.
A do vindeiro ano será a trixésimo terceira edición da Bienal pontevedresa dende o seu nacemento; a segunda trala súa recuperación no ano 2025. Desenvolverase entre o 30 de abril e o 26 de setembro do 2027, con Ángel Calvo e Juan Canela como comisarios.
Así, a Bienal volverá ocupar os espazos do Museo de Pontevedra. Como novidade, incorporará a Facultade de Belas Artes e abrirá unha nova sede en Vigo.
Nesta trixésimo terceira edición, a Bienal busca repetir o éxito da celebrada no 2025 despois de 15 anos de ausencia. Baixo o lema de ‘Volver ser humanos’, a cita expuxo a obra de máis dun cento de artistas internacionais e superou os 125.000 visitantes.











