35 adegas galegas aterrarán esta fin de semana na Casa da Luz

Pontevedra> 35 adegas galegas estarán presentes na fin de semana na Casa da Luz en Pontevedra no túnel do viño galego. Trátase dunha actividade organizada pola Asociación galega de viticultores,  e onde o que se busca e dar a coñecer os mellores caldos da nosa terra. Un evento onde estará moi presente a Denominación de Orixe Rías Baixas con dúas adegas do Salnés. 

 

Baixo o lema “Beber do país”chega o túnel do viño a Pontevedra. Trátase dunha actividade organizada pola asociación galega de viticultores e onde colabora o concello de Pontevedra co fin de potenciar os mellores caldos da nosa comunidade. Esta cita terá lugar os días 26 e 27 deste mes na Casa da Luz. 

35 adegas galegas estarán presente neste evento onde tal e como dixeron esta mañá dende  a organización… os asistentes poderán beber do país. 

Esta cita contará con 5 denominación de orixe galega, entre as que non podía falta a D.O Rías Baixas con duas adegas do Salnés, tamén haberá 3 indicacións xeográficas e 3 viños de produccións propia. 

O horario desta cita será o sábado 26 de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 e o domingo de 12:00 a 14:00. O prezo da entrada será de 5 euros e con ela terás a oportunidade catar 35 caldos diferentes da nosa xeografía. O domingo, por 10 euros, terán a oportunidade de asistir a unha cata guiada por estes viños ás 12:30 da mañá. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/23/tunel_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/23/tunel.mp4{/flowplayer}