Galicia contará con 10264 prazas na Rede de Escolas Infantís

Pontevedra> O conselleiro de Política Social visitou esta mañá a Boa Vila para anunciar que mañá 10 de marzo ábrese o prazo para a matrícula na rede de escolas infantís de Galicia. José Manuel Rey dixo que a nosa comunidade contará con 10264 prazas, un 6 por cento máis que no pasado curso. No caso da provincia de Pontevedra o conselleiro dixo que contará con 3637 prazas para nenos de 0 a 3 anos.

O conselleiro de Política Social visitou hoxe Pontevedra, concretamente a Escola Infantil de San Roque. O fin anunciar que dende mañá ábrese o prazo de inscrición para a rede de escolas infantís en toda Galicia. Ata o 10 de abril terán de prazo as familias para realizar esta inscrición. José Manuel Rey anunciou que Galicia contará con 10264 prazas, 484 máis que no pasado curso.

O bono concilia que ofrecen dende a  Xunta de Galicia suma un total de 24 mil prazas, con este fin dende o Goberno autonómico, seguirán traballando en que ningunha familia se quede sen praza nas idades comprendidas entre o 0 e os 3 anos.

A provincia de Pontevedra, contará, segundo o conselleiro de Política Social, cun aumento do 40 por cento de prazas. José Manuel Rey dixo esta mañá que dende a Xunta de Galicia están traballando para que a nosa comunidade estea á vangarda en materia de conciliación social, e que así, engadiu, se converta no mellor lugar para ser pai ou nais ou nena e neno.