A ADR asina un convenio para formar parte da regata La Solitaire Urgo

PORTO DO SON> O club Náutico de Portosín acolleu esta mañá a sinatura do convenio para converterse en porto de etapa da regata La Solitaire Urgo Le Fígaro. Trátase dunha das probas de navegación en solitario máis importantes a nivel internacional. Portosín volverá converterse este verán en sede da vela mundial. Unha etapa da regata Le Solitaire Urgo recalará neste rincón da ría de Muros Noia contribuíndo a situala no mapa. Uns corenta barcos tomarán partido nesta cita deportiva con saída e regreso dende Francia.  Súmanse ás participantes as numerosas embarcacións auxiliares e de apoio nas que tan só, entre tripulantes, desprazaranse ó redor dunhas trescentas persoas.  Ademais da importancia como factor de dinamización turística, A Asociación Rural de Desenvolvemento Muros Noia reinvidicará a través desta regata o carácter da ría como entrada de peregrinación por mar a Compostela. De aí que os participantes poderán obter a compostelá que acredite a realización do camiño por mar.