A Marea de Noia esixe a licitación das obras que o Concello ten orzamentado dende o ano 2015

NOIA> De non facelo anuncian que pedirán os expedientes á Deputación polo contínuo aprazamento das actuacións. O voceiro da Marea Cidadá de Noia, Manolo Seijas, vén de esixirlle ó goberno municipal que licite neste mes as obras orzamentadas dende o ano 2015 con cargo ó POS e o PAS da Deputación da Coruña e que, segundo el, aínda non foron executadas. Dende a formación denuncian os contínuos aprazamentos destas actuacións. O voceiro de Marea vai máis alá ó sinalar que o Concello só se interesa en sacar adiante aqueles proxectos que son de adxudicación directa. Algo que segundo el levanta sospeitas.