Lousame organiza unha andaina en favor dos afectados polo terremoto en Turquía e Siria

LOUSAME> O concello de Lousame organiza unha andaina solidaria en favor dos damnificados polo terremoto en Turquía e Siria.  Será o 12 de marzo e os interesados en colaborar xa poden inscribirse a través da web bandoticket.com. O custo é de 5 euros.

Os lazos entre Lousame e Turquía remóntanse anos atrás, dende que o concello se adheriu ó programa de voluntariado europeo contando con varias profesionais turcas que realizaron a súa estadía no municipio.

Precisamente, a iniciativa das actuais voluntarias o concello organiza unha acción solidaria para recadar fondos para os afectados polo terremoto.

Trátase dunha andaina solidaria cun percorrido de 12 quilómetros moi accesible que discorre por zonas emblemáticas do municipio.

Os interesados en participar poden realizar a inscrición a través de bandoticket.com. O custo é de 5 euros que serán destinados a Cruz Vermella para a colaboración cos daminificados de Turquía e Siria.

Aquelas persoas que non poidan asistir teñen a oportunidade de colaborar a través do dorsal 0.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí