Noia publica unha edición especial dos Bolechas no seu 850 aniversario

NOIA> Transmitir a historia da vila de Noia ós máis pequenos a través dun conto. Este é o obxectivo que busca o concello coa publicación de dous mil exemplares de ‘Os Bolechas celebran o 850 aniversario de Noia’, unha edición especial destes xa clásicos personaxes para conmemorar esta efeméride que se repartirá nos distintos centros educativos. Os actos de celebración do aniversario darán comezo esta fin de semana cos concertos de Treixadura o sábado e a actuación da París de Noia, o domingo. O sábado pola tarde, o paseo marítimo acollerá unha exhibición a cargo da brigada de paracaidismo do exército.