“El Chilce” pasa máis de 4 horas no IMELGA co fin de completar un informe psicosocial

Pontevedra> José Antonio Abuín, o autor confeso da morte de Diana Quer, estivo esta mañá máis de 4 horas no edifico xudicial da Parda, en Pontevedra. Concretamente Abuín estivo nas dependencias do IMELGA, do Instituto de Medicina Legal de Galicia. O fin deste traslado foi, segundo puidemos saber esta mañá, o de completar as probas dun informe psicosocial. Todo parece indicar que el Chicle declarará mañá nos xulgados de Ribeira.

As nove da mañá José Antonio Abuín chegaba, dende o cárcere de A Lama, as dependencias do IMEGA, do Instituto de Medicina Legal de Pontevedra. Os xornalistas tivemos que dar moitas voltas e facer moitas preguntas para saber se estaba alí exactamente, xa que a primeira hora desta mañá moitos compañeiros agardaban o asasino confeso de Diana Quer nos xulgados de Ribeira. Finalmente a noticia confirmouse, El Chicle estivo durante máis de 4 horas, concretamente de 9 da mañá a 13:15 do mediodía, co equipo psicosocial do Imelga, segundo puidemos saber esta mañá, o fin deste traslado dende o centro penitenciario foi o de completar un informe que xa se iniciara noutra visita, co cal podemos confirmar tamén que non é a primeira vez que Abuín visita estas dependencias, iso sí, ningunha das fontes consultadas puideron confirmarnos de que tipo de proba forense se trata. Segundo soubemos nesta xornada está previsto que El Chicle declare mañá nos xulgados de Ribeira, cabe dicir que ao avogado da familia de Diana Quer non ten constancia de ningunha citación.  Chegados a este punto lembramos que Abuín tamén ten aberta outra causa por intento de secuestro dunha moza en Boiro, un feito que fixo que  El Chicle se declarase o asasino confeso da morte de Diana Quer.

A última hora desta mañá tamén nos confirmaron que o avogado de Rosario Rodríguez Fraga, parella de El Chicle, decidiu deixar a súa defensa.