Dan comezo as obras de mellora de camiños en Lombas

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio dos traballos de mellora de camiños no lugar de Lombas, na parroquia de Palmeira. A actuación, que está a ser realizada pola empresa Nemesio Ordóñez, conta cun orzamento que se achega ós 50 mil euros e o prazo de execución dun mes. As obras están incluídas no programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014 que, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), está promovido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).