A Ruta do Viño aposta por conquistar os prescriptores pontevedreses

VILANOVA> A Ruta do Viño Rías Baixas aposta por conquistar os prescriptores pontevedreses. A asociación celebrou unha viaxe de familiarización dirixido a oficinas de turismo da provincia de Pontevedra. Dez profesionais participaron nesta actividade, para coñecer de primeira man a ampla oferta enogastronómica do itinerario.

A Ruta do Viño abre as súas portas para os prescriptores pontevedreses. A asociación preparou unha viaxe de familiarización para dez informadores de oficinas de turismo da provincia. O obxectivo: que coñezan de primeira man a oferta enoturística do itinerario.

O percorrido levou ao grupo ata as adegas Paco & Lola e Pazo Baión, para rematar no Hotel Restaurante Quinta de San Amaro. Os prescriptores metéronse na pel dos visitantes, deixándose conquistar polas diferentes propostas.

Precisamente, este é o obxectivo que perseguen dende a Ruta con estas iniciativas. A miúdo reciben prescriptores chegados de diferentes puntos de España, e incluso do estranxeiro. Desta volta, quixeron mirar para a propia terra.

Traballar de xeito conxunto é algo fundamental para aproveitar o importante tirón que está a ter o enoturismo, converténdose nun dos principais reclamos turísticos do territorio. E é que é indubidable que o enoturismo está de moda.