Entra en servizo a nova conexión entre as dúas fases do polígono de Espiñeira

BOIRO> A Conselleira de Medio Ambiente desprazouse ata Boiro para supervisar o resultado do vial de conexión entre as dúas fases do polígono de Espiñeira. Durante a súa visita, Ánxeles Vázquez recolleu a demanda de dotar de máis chan industrial ó municipio.

Despois dun longo proceso de tramitación, retrasado pola presenza de elementos patrimoniais que obrigaron a modificar o trazado, xa é unha realidade a vía que conecta as dúas fases do polígono de Espiñeira. A Conselleira de Medio Ambiente supervisaba esta mañá en Boiro o resultado dos traballos acompañada por numerosos empresarios que amosaron a súa satisfacción ante esta actuación tan necesaria.

Tanto empresarios como responsables municipais aproveitaron a presenza da Conselleira para trasladarlle a necesidade de crear máis chan industrial no municipio, proxecto no que o concello leva xa varios anos traballando.

Ánxeles Vázquez explicou que a recente revisión do Plan Sectorial de äreas Empresarias de Galicia permitirá axilizar os trámites para a creación de máis solo empresarial non só en Boiro senón en tódolos concellos galegos.