As obras do colector do río Breiro estarán rematadas antes do verán

BOIRO> O concello de Boiro agarda que as obras do río Breiro estean rematadas antes do verán. Os traballos para actualizar a rede de saneamento no casco urbano avanzan a bo ritmo. As obras que se están a executar na contorna do río Breiro teñen por obxecto a substitución dun colector de fibrocemento que discorría en paralelo ó río, co que as fugas afectaban directamente ó medio ambiente e á produción marisqueira. A actualización da rede suporá unha importante mellora non só a nivel medioambiental senón tamén turístico posto que se habilitará creará en pleno casco urbano unha área de lecer. Está prevista a súa conexión coa zona de Barraña co que os boirenses disfrutarán dun paseo de máis de seis quilómetros. Os traballos avanzan a bo ritmo e está previsto que nas próximas semanas comecen a acometerse as conexións das rúas ó colector. Por último quedará resolver a mellor solución técnica para a balsa de retención da ponte que permitirá evitar os vertidos nos casos en que as fortes chuvias poidan provocar inundacións.