Pontevedra> A Mesa de Contratación do servizo de abastecemento da Auga aprobou esta mañá o informe dos servizos técnicos correspondente ao sobre B. Un ditame que contou co val de todos os técnicos e a presidencia, a abstención da Marea e a negativa do PSOE, PP e Ciudadanos.
A polémica sobre o contrato da auga parece que vai a deixar de selo pese a quen lle pese, xa que esta mañá a Mesa de Contratación aprobou o informe dos servizos técnicos correspondentes ao sobre B. O que significa que xa está todo listo e en orde para seguir con este proceso.
Unha medida que non comparten dende a oposición, a Marea abstívose na votación do informe final e a oposición votou en contra. Dende o PP xa anunciaron que pediron que a paralización deste proceso.
Dende o PSOE consideran que hoxe se consumou un escándalo.
E dende Ciudadanos tamén son partidiarios de paralizar este proceso.
Finalmente co aval dos técnicos e a presidencia, que é Raimundo González, e coa abstención da Marea este informe quedou aprobado. A Mesa de Contratación reunirase este venres 23 de marzo ás 9:30 para a apertura da oferta económica.