A CIG ameaza con ir á folga no transporte sanitario

Pontevedra> O sindicato CIG ten a intención de proponer a convocatoria de folga no transporte sanitario, tanto no 061 como no non urxente, ante a situación de colapso na que se atopan. Dende este sindicato reclaman a negociación do convenio colectivo e rexeitan as pretensións da patronal de aplicar descolgues.

Dende a CIG téñeno claro ou a situación de colapso se acaba o a partir do vindeiro mes comezarán as mobilizacións no transporte sanitario, tanto no 061 coma   no non urxente. Xabier Aboi, o secretario comarcal da CIG, denunciou esta mañá o bloqueo patronal á negociación do convenio colectivo, que leva dous anos caducado.

Ante esta situación Aboi alerta de que a probalilidade de convocar unha folga neste sector é moi probable.

Dende o comité de empresa dixeron que a situación na actualidade é caótica, unha situación que repercute principalmente no paciente.

Uns 200 traballadores prestan servizo neste sector a través da firma Ambuibérica na área sanitaria de Pontevedra- Salnés, conformada por 27 concellos para os que hai un total de 12 ambulancias.