MEAÑO> Meaño transforma o pavillón deportivo de Xil nun local de ensaio. A medida, de carácter provisional, permíte mante-la actividadade da Banda e da Escola de Música da localidade, a pesar do coronavirus. O seu lugar habitual de ensaio é moi pequeno para garanti-la distancia entre ós músicos e, ademais, tiña problemas de radón, que, por certo, xa foron solucionados.
Unha aula de música dentro dun pavillón. Así adaptou o Concello de Meaño estas instalacións deportivas de Xil, para que a Banda de Meaño e a Escola de Música Municipal poidan mante-la súa actividade, malia o coronavirus.
Deste xeito, o concello logrou transformar este pavillón nun local con boa acústica e no que se poden cumprir tódalas medidas de seguridade fronte á covid.
Porque as instalacións habituais onde teñen lugar os ensaios non garantían a seguridade dos músicos fronte á covid. A iso, había que sumarlle problemas de radón.
O alcalde quítalle ferro á polémica que xurdiu arredor deste proxecto. Lembra que esta é unha solución temporal polo que, ó seu parecer, carecía de sentido construír aquí un gran escenario para só uns meses, tal como reclamaba a banda.
Calcula que en marzo ou abril poderían volver ás súas instalacións, aínda que tamén se contempla acondiciona-lo palco da música, para que os ensaios poidan ser en exteriores. De momento, este proxecto provisional, funciona xa a pleno rendemento: entre a banda e a escola de música, por aquí, pasan en varias quendas, máis de 300 persoas.