Ovidio Rodeiro visita o novo patio cuberto do Cernadas de Castro

    LOUSAME> O delegago territorial da Xunta visitou o Colexio Cernadas de Castro onde a Consellería de Educación vén de investir oitenta mil euros nun patio cuberto.Son moitas as melloras que se teñen acometido no CPI Cernadas de Castro nos últimos anos. Recentemente, en cumprimento dunha demanda da dirección do centro, procedeuse a habilitar un patio cuberto proporcionando ós alumnos un espazo de lecer sen depender das condicións climatolóxicas. Aproveitando a actuación procedeuse tamén á renovación das canalizacións na zona do comedor na que tamén se instalou un decantador de graxas, o que supuxo unha notable mellora na xestión de residuos e funcionamento do servizo. Tras estas obras están previstas novas actuacións nesta mesma zona así como a habilitación dun patio interior para os alumnos de infantil.