![]()
BOIRO > Continúa o conflito entre o concello e os vendedores ambulantes ó non chegar a acordo na rebaixa da taxa por instalar o mercadiño en Avellaneda.
Cando xa parecía que todo estaba arranxado, ó acepta-los vendedores ambulantes a proposta do concello boirés de instalarse en Avellaneda, volveu a xurdi-lo desencontro entre ámbalas dúas partes.
A última hora do xoves celebrouse unha xuntanza na casa consistorial boiresa que tiña coma finalidade acorda-la porcentaxe que o executivo boirés lle reduciría ós vendedores ambulantes nas taxas municipais por instalarse na avenida de Avellaneda.
Os membros do executivo ofrecéronlle ós donos dos postos unha rebaixa do 35%, que non foi ben acollida polos vendedores ambulantes que agardaban unha reducción das taxas en máis dun 50%.
A xuntanza durou máis de dúas horas. Tanto uns coma outros amosáronse firmes nas súas posturas, polo que se agarda de novo unha dificil solución ó problema. Polo de agora periga a celebración o vindeiro martes do mercadiño en Boiro, pero o seu futuro, si que estará garantido.
O que si queda claro, despois do dito polo propio alcalde, e que o executivo boirés non entrará máis nos posibles chantaxes dos vendedores, mantendo esta opción, pois para eles unha maior rebaixa podería supor un agravio comparativo para outros sectores.
Redacción Barbanza









