Rianxo recupera a contorna do río Té con especies autóctonas

RIANXO> Alumnos dos colexios Castelao, Brea Segade e Ana María Diéguez de Rianxo participaron nesta xornada en contacto coa natureza na que tiveron ocasión de contribuír á recuperación do bosque autóctono na contorna do río Té. Os pequenos aplicáronse a fondo para deixar ben plantado cada exemplar; un traballo no que moitos xa contaban con experiencia. Ó remate da actividade, os nenos recibiron como agasallo unha bolsa de merenda elaborada polo concello para a ocasión co lema ‘Carballos somos, carballos queremos’.