26 anos traballando dende Down Pontevedra

Pontevedra> Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día Internacional do Síndrome de Down. E con motivo desta data quixemos pasar un anaco desta mañá cos usuarios cos que conta Xuntos na actualidade. Ter independencia, traballo e sentirse iguais que os demais son tres das grandes demandas que teñen dende este colectivo.

Neste 21 de marzo celébrase o día Internacional da Síndrome de Down. E para comemorar esta data dende o Canal Rías Baixas achegámonos a nova sede que Down Pontevedra ten na cidade. A mensaxe nesta xornada é clara.

Un ano especial, este 2018 coa inauguración deste centro no Gorgullón, un novo espazo que levan anos buscando e que agora xa é unha realidade.

Unha asociación que leva traballando 26 anos na cidade coas persoas que teñen síndrome de down.

E os usuarios deste espazo téñeno claro eles queren ser independentes, e como non traballo, traballo e máis traballo.

Un día para reivindicar os dereitos das persoas con Síndrome de Down e os deberes que temos a sociedade na actualidade. Un día especial que se prolongará ata este venres, xa que o 23 de marzo terá lugar a inauguración especial deste novo centro de Down Pontevedra, no Gorgullón.