A Semana Santa deixa un sabor agridoce na cidade

Pontevedra> Pontevedra viviu unha Semana Santa agridoce neste ano. Dende a organización lamentan que o mal tempo fixera que se viran na obriga de suspender as tres procesións centrais destes días, a do xoves e as dúas do venres santo. Tres confrarías quedaron sen saír nesta Semana Santa. Dende a xunta organizadora dixo que de cara ao vindeiro ano seguirán traballando en novos pasos e tamén na declaración da Semana Santa en Pontevedra como Interese Turístico.

Semana Santa agridoce a que nos deixou este 2018, xa que as procesións do xoves e o venres santo non puideron saír polo mal tempo que nos acompañou durante estas xornadas festivas na Boa Vila.

Dende a organización tiveron claro que a única decisión posible o xoves e o venres santo era a de suspender as procesións porque o tempo impediu claramente que puidesen sair e organizar todo debidamente.

Desta maneira explicaban Ramón Peón as razóns que impiden saír unha procesión cando hai mal tempo e chuvia.

Unha decisión, a de non saír, que doe a moitos.

Das 7 confrarías que hai en Pontevedra 3 quedaron sen saír nesta Semana Santa, a da Carpa Santa, a do Espíritu Santo, a de Nuestro Padre Jesús con la Cruz a cuestas. Dende a organización cren e consideran que hai cousas que mellorar de cara ao vindeiro ano.

Un total de 5 procesións, de 8 programadas, puideron saír nesta Semana Santa, pero as tres máis importantes, a do xoves a as dúas do venres, quedaron sen poder facer o seu percorrido. Dende a organización agardan que no vindeiro ano o tempo acompañe máis, pola cidadanía e por todos os que traballan para a celebración destas procesións ao longo de todo o ano.