AVIGAL vende máis grazas ó selo de Galicia Calidade

PONTEVEDRA> A empresa Avícola de Galicia, AVIGAL, cumpre cincuenta anos no mercado da crianza e venda de polos. Fai medio século naceu coma unha empresa familiar e arestora, emprega a un cento de persoas directamente, e xera ata preto de catrocentos traballos indirectos.

Nesta última etapa, AVIGAL fai especial fincapé na aposta pola calidade e na presentación do polo en novos formatos, que se adaptan a un mercado cada día máis esixente. Avícola de Galicia comprométese a levar un estricto control de calidade en tódalas fases de produción dos polos. Un coidado na calidade que se fai especialmente intensivo nos produtos que venden baixo o selo de Galicia Calidade. Deste xeito, AVIGAL é quen de controlar a trazabilidade de tódolos animais ó longo de todo o proceso productivo, especialmente e de xeito individualizado, co polo gourmet. Todas estas medidas pagan a pena posto que é un marchamo de calidade coñecido e recoñecido no mercado.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/09/avigal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/09/repor_avigal.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí