Pontevedra> O Presidente do Goberno, o Ministro de Fomento e o Presidente da Xunta de Galicia estiveron esta mañá en Pintos, na parroquia de Marcón, para visitar as obras da autovía A-57 no tramo de Vilaboa e A Ermida. Rajoy confirmou esta mañá que o primeiro tramo desta circunvalación estará rematado no 2019, e que se trata dunha obra que contará cun investimento de 75 millóns de euros, e da que se beneficiarán máis de 500 mil persoas.
O lugar de Pintos, en Marcón, engalanouse nesta xornada para recibir a visita do Presidente do Goberno de España, do Ministro de Fomento e do Presidente da Xunta, entre outras moitas autoridades. O motivo, visitar as obras da autovía A-57 no tramo entre Vilaboa e A Ermida. Uns traballos de 75 millóns de euros do que se poderán beneficiar un total de 500 mil persoas.
Unha gran alternativa, para o presidente do Goberno, que contribuirá a actividade económica da zona.
Feijóo, pola súa banda, dixo que esta circunvalación xogará un papel moi importante para Pontevedra en canto estea rematada.
Con esta circunvalacións, a variante de Alba, a estación intermodal, o Gran Montecelo e o novo edifico xudicial, Pontevedra é, segundo Feijóo a maior cidade galega de cambio e de progreso na actualidade.
Un acto onde soamente interviron o xefe da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, o Presidente do Goberno Español e o da Xunta de Galicia, un acto onde non tiveron cabida as preguntas, e onde tampouco se deu resposta para saber o importante, cando estará rematada esta A57 que leva en obras máis de dous anos. O unico que respondeu Rajoy foi á pregunta de qué lle pasara na man, xa que tiña dous dedos vendados… ao que dixo que el so, se dera un golpe en Sanxenxo.











