Carme da Silva: “se o PP abandona a súa estratexia contra o compost, os problemas desaparecen”

Pontevedra> O Goberno Local, pola súa banda, ten claro que estas protestas se deben a unha campaña dirixida polo Partido Popular. Carme da Silva dixo esta mañá que se o PP non se opuxese a estes composteiros comunitarios, a día de hoxe, na rúa, non habería ningún tipo de malestar nin problema.

O Goberno Local teno claro o problema da compostaxe está no Partido Popular. Carme da Silva dixo esta mañá que as protestas e problemas que hai co compost a día de hoxe débese a unha campaña orquestrada e dirixida polo PP da cidade, a concelleira de servizos tamén ten claro que se o PP abandonase esta estratexia, desaparecerían os problemas cos centros de compostaxe comunitarios.

Carme da Silva ten claro que os veciños, tanto de Eduardo Pondal como de Ponte Boleira, están dirixidos polo PP porque teñen exactamente o mesmo discurso que o Partido Popular e porque sabe que están recibindo instrucións dende as filas populares.

Dende o Goberno Local agardan que dende o PP deixen de facer campaña coa compostaxe e que alguén lle diga aos dirixentes deste partido que deixen de opoñerse ante o que a sociedade quere na actualidade.