Os orzamentos do Estado para Pontevedra son “pouco cribles” segundo o Goberno Local

Pontevedra> Dende o Goberno Local cualificaron de, continuistas e pouco cribles, a partida orzamentaria do Goberno Español para Pontevedra. Carme da Silva dixo que nestas partidas non hai apenas novidades, e que o que fan dende a Moncloa e pospoñer os proxectos anos tras ano sen executar ningún.

As partidas orzamentarias para Pontevedra dos Presupostos Xerais do Estado son pouco cribles, segundo afirmou esta mañá Carme da Silva. A concelleira considera que estas cifras se repiten ano tras ano nos mesmos proxectos, e que en resumen, non se executa ningunha das obras que propoñen.

Por facer un pequeno resumo 18,3 millóns de euros son destinados á autovía A-57, 597 mil euros irán a parar ao paseo peonil entre Pontevedra e Marín, 456 mil euros para o convenio entre Fomento e a Deputación para a posta en valor de 18 xacementos, 321 mil euros para melloras na N-640 entre a variante de Caldas e o acceso ao porto de Vilagarcía e un millón de euros destinado a remodelación do nó de Bombeiros.

Da Silva asegurou que seguen demorándose proxectos altamente demandados pola cidadanía de Pontevedra, proxectos que, lembrou, se prorrogan ano tras ano.