Pontevedra> Os veciños de Eduardo Pondal e os de Ponte Boleira continúan amosando o seu malestar ante a instalación de composteiros comunitarios nestas zonas da Boa Vila. Esta mañá amosaron a súa desconformidade cando os operarios estaban, en ambas zonas, colocando novos composteiros. Os veciños queren deixar claro que non pertencen a ningún partido político e que non comparten as maneiras de executar este proxecto que teñen dende o Goberno Local.
Despois de xuntar máis de 450 sinaturas contra o composteiro comunitario de Eduardo Pondal, os veciños desta zona hoxe atopáronse con que o Goberno Local amplía este sistema de recollida de residuos tanto nesta zona como en Ponte Boleira.
Uns veciños que queren deixar ben claro, e que insisten, e que non pertencen nin teñen nada que ver con ningún partido político.
Estes veciños están estudando a posibilidade de crear unha plataforma de afectados, xunto cos de Ponte Boleira e os de Monte Porreiro. Tampouco entenderon nesta xornada a resposta que lle deron dende o Goberno Local ante a manifestación do seu malestar.
Estes veciños teñen claro que non están en contra do compost, deste sistema, pero sí dos composteiros comunitarios.
E a mensaxe que lle quixeron enviar ao Goberno local esta mañá foi clara e concisa.
Os composteiros comunitarios seguirán dando de qué falar, xa que estes veciños continuarán loitando para que estes centros sexan eliminados desta zona da cidade.