Os tanatorios activan estritos protocolos para minimizar os riscos de contaxio de coronavirus

PONTEVEDRA> A actividade cotiá dos tanatorios e funerarias tamén se ve alterada pola crise do coronavirus. Ademais das restricións impostas pola Xunta, os seus responsables estableceron estritos protocolos para minimizar ó máximo calquera risco. Explican que as familias dos finados entenden á perfección as medidas.

A crise do coronavirus non pasa de longo nas funerarias. No tanatorio de Pontevedra-San Mauro tomaron medidas mesmo antes da declaración do estado de alarma. O prioritario, din os seus responsables, que os empregados traballen nas mellores condicións.

A finalidade desta situación sen precedentes é garantir que, pase o que pase, os servizos funerarios estean garantidos. O día a día dos empregados tamén mudou dentro deste tanatorio pontevedrés. Ataviados con luvas e máscaras seguen un protocolo de protección dende hai semanas.

O coronavirus tamén mudou os actos fúnebres que se acollen nestas instalacións. A Xunta limitou  o aforo ós tanatorios a un terzo da súa capacidade e reduciuse o horario de apertura das salas. Ademais, como máximo 25 persoas poderán acompañar ó finado no enterro. Agroa, tamén se permite face-los soterramentos dun xeito máis áxil, sen ter que agarda-lo prazo de 24 horas dende o falecemento, tal e como marca a lei. As familias, din entende-la situación.

Polo de agora, a demanda de servizos funerarios en Galicia mantense estable. Noutros puntos de España, pola contra, aumentou ata o punto de traballar sen as condicións axeitadas. Piden máis medios de protección para recolle-los corpos dos finados por coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí